Ola Póñome en contacto con vos para recomendarvos un obradoiro sobre ceramica castrexa que se vai levar a cabo na Cidade da Cultura coa celebración do Mes da Ciencia. E de balde previa reserva na paxina da Cidade da Cultura -> Programación -> En familia
Agradeceria a sua difusión:
Banquete nun castro
Que comían os galegos hai máis de 2000 anos? Como podería ser un banquete nun castro? Imos viaxar coa imaxinación por diferentes pratos do menú dun castro galego. Descubriremos, e tamén descartaremos, aqueles alimentos que poderían ter comido e como e onde puideron cociñalos. Todo, apoiándonos nas evidencias e pistas que nos ofrece a arqueoloxía. Mesmo tomaremos contacto con auténticos obxectos arqueolóxicos relacionados coa alimentación castrexa.
Logo, cada asistente poderá fabricar a súa propia peza de vaixela castrexa, empregando as mesmas técnicas e materiais empregados daquela. Traballaremos baixo as indicacións de ceramistas expertos na reproducción de pezas de olaría castrexa, autores da maior e máis fundamentada colección de réplicas de cultura material castrexa realizada en Galicia.
1 comentario:
Ola
Póñome en contacto con vos para recomendarvos un obradoiro sobre ceramica castrexa que se vai levar a cabo na Cidade da Cultura coa celebración do Mes da Ciencia. E de balde previa reserva na paxina da Cidade da Cultura -> Programación -> En familia
Agradeceria a sua difusión:
Banquete nun castro
Que comían os galegos hai máis de 2000 anos? Como podería ser un banquete nun castro? Imos viaxar coa imaxinación por diferentes pratos do menú dun castro galego. Descubriremos, e tamén descartaremos, aqueles alimentos que poderían ter comido e como e onde puideron cociñalos. Todo, apoiándonos nas evidencias e pistas que nos ofrece a arqueoloxía. Mesmo tomaremos contacto con auténticos obxectos arqueolóxicos relacionados coa alimentación castrexa.
Logo, cada asistente poderá fabricar a súa propia peza de vaixela castrexa, empregando as mesmas técnicas e materiais empregados daquela. Traballaremos baixo as indicacións de ceramistas expertos na reproducción de pezas de olaría castrexa, autores da maior e máis fundamentada colección de réplicas de cultura material castrexa realizada en Galicia.
Saudos, Luisa
Publicar un comentario